ATENCIÓN PSICANALÍTICA

En liña coa filosofía do proxecto Terrum Social o espazo de Atención Psicanalítica pénsase como un lugar de escoita e acompañamento no sufrimento psíquico daquelas persoas que pola súa situación económica ou social non poderían permitirse acudir á consulta privada dun psicólogo convencional.


Trátase pois de ofrecer a posibilidade de achegarse á sesión cun profesional da psicoloxía (Fran Conde Soto) para irmos alén dos síntomas -entendendo por estes calquera padecemento manifestado polo paciente- e clarexar deste xeito a realidade psíquica agochada por trás deles.

O enderezo do noso despacho de atención é:

R/ Domingo de Andrade 2 Baixo Esquerda 
15704 - Barrio de Vite
Santiago de Compostela - A Coruña

Contacto para concertar cita via correo electrónico:
psicoloxia@terrum.social
deixando nome, apelidos e teléfono.

Cluster multidisciplinar