Alédanos poder anunciar dende Data Terrum que nas vindeiras semanas estaremos impartindo na sede da Asociación ASPIMIP (Coslada – Madrid) en colaboura coa Asociación Plena Inclusión (Madrid) un curso de capacitación en Competencias Dixitais especialmente enfocado a mulleres con diversidade funcional.
Dende Terrum SOCIAL coidamos que é crucial integrar ás persoas con diversidade funcional no mundo dixital oferecendo provisión de formación especializada, xa que isto non só amplía as súass oportunidades de participación na sociedade, se non que tamén promove a equidade e la inclusión. Ao dotar a estas persoas con habilidades dixitáis específicas, empodéraselles pra superar barreiras e aceder a recursos, emprego e servizos en liña de xeito independente. Este enfoque cobra inda maior importancia ao dirixirse especificamente ás mulleres con diversidade funcional, as cáis decote enfrontan desafíos adicionais.
A formación especializada non só lles brinda as ferramentas pra desenvolverse nos entornos dixitais, senon que tamén contribúe a rachar estereotipos de xénero e a fomentar a igualdade de oportunidades, permitíndolles participar plenamente na era dixital e contribuir de xeito significativo á sociedade.