Curso de protección de datos de carácter persoal para profesionais da saúde

Anunciámosvos que en colaboura cos compañeiros de MedicanMap iniciamos a participación na impartición dun curso de orientación legal sobre o tratamento de datos de carácter persoal no contexto da actividade médica e terapéutica, dentro deste curso específico que se imparte dende a súa propia plataforma.

No actual panorama da atención médica e terapéutica, a xestión axeitada da información sensible, especialmente os datos de saúde, tense convertido nun pilar fundamental pra garantir a privacidade e a confidencialidade dos pacientes, así como do esixido cumplimento normativo.

Dentro deste curso, abordaremos a protección de datos para profesionáis do entorno médico analisando de manera integral os desafíos e as mellores prácticas na manipulación desta información delicada e especialmente protexida. Cun foco específico no marco legal, operativo e ético que arrodea a protección de datos, neste curso proporcionarase aos participantes as ferramentas necesarias pra asegurar un tratamento correcto da información, promovendo a confianza do paciente e cumprindo cos estándares regulatorios vixentes.

Cluster multidisciplinar