DELEGADO DE PROTECCIÓN DE DATOS
PARA COLEXIOS PROFESIONAIS / CONSELLOS XERAIS/ FUNDACIÓNS E ONG
DATA TERRUM, é unha plataforma xurídico-social galega, que se adica dende hai mais dunha década ao asesoramento e formación a Colexios Profesionáis de Educación Social, ao CONSELLO XERAL DE COLEXIOS OFICIÁIS DE EDUCADORAS E EDUCADORES SOCIAIS e á formación a traverso da Universidade da Diversidade (UD2) a Asociacións, Fundacións e ONG.
PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS
O Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, e a súa transposición á Lei Orgánica 3/2018 do 5 de decembro de Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitáis, regulan o tratamento que realizan persoas, empresas ou organizacións dos datos persoais na Unión Europea (UE).
A normativa introduce novos dereitos para os cidadáns e obriga ás empresas e entidades a ser proactivas en materia de seguridade e a velar pola seguridade e a protección da privacidade.
RESPONSABLE
Conforme á lexislación vixente o responsable é a persoa xurídica que decide sobre a finalidade, contido e uso do tratamento aínda que non o faga materialmente, por elo os responsables de tratamento serán os representantes de cada entidade (Presidentas/es e Xunta de Goberno), non pudendo recaer esa figura en persoal auxiliar administrativo contratado.
DELEGADA/O DE PROTECCIÓN DE DATOS
Designación dun delegado de protección de datos. Os responsables e encargados do tratamento deberán designar un delegado de protección de datos nos supostos previstos no art 37.1 do Regulamento (UE) 2016/679 e o art. 34.1 da Lei Orgánica 3/2018 de Protección de Datos Personais e Garantía dos Dereitos Dixitáis.
SERVICIOS DE DATA TERRUM
1. DELEGADO/A DE PROTECCIÓN DE DATOS.
Designación ante a AEPD dun Delegado único de Protección de Datos, a estes efectos sería designado o letrado Francisco Xabier del Buey Fernández, Avogado do Ilustre Colexio de Avogados de Ourense, nº de colegiado 1982, con experiencia na aplicación xurisdiccional e a protección dos cidadáns e usuarios fronte a abusos no tratamento dos seus datos persoais.
2. FORMACIÓN PERMANENTE DA UNIVERSIDADE PARALELA EN MATERIAS DE DISCAPACIDADE, DEREITOS CIDADÁNS, DEREITO CIVIL, PENAL, ETC.
3. ASESORAMENTO A XUNTAS DE GOBERNO DE COLEXIOS PROFESIONAIS, CONSELLOS XERÁIS, FUNDACIONS, ONG.
Asesoramento técnico, xurídico e organizativo aos responsables das entidades nos seguintes termos:
• Implementación da análise de riscos.
• Revisión das medidas de seguridade a implementar polos/as responsables do tratamento en cada entidade.
• Elaboración do Rexistro de Actividades de Tratamento e do Documento de Seguridade.
• Establecimento de mecanismos e procedimentos de notificación de quebras de seguridade.
• Establecemento e adaptación dos mecanismos e procedimentos para o exercicio de dereitos ARCO e o seu ampliamento no RXPD e na LOPDGDD.
• Axeitamento dos formularios de dereito de información.
• Valoración dos encargados e as súas garantías, adaptación de contratos.
• Elaboración e adaptación de Políticas de Privacidade.
• Formación.
4. XESTIÓN DE INFRAESTRUCTURA CRIPTOGRÁFICA PKI
A Autoridade de Rexistro Terrum Social (ARTS) disporá a título de cliente corporativo para o que así o solicite, unha infraestructura de chave criptográfica pública (PKI) coa que poder levar a cabo:
- Implementación do carné colexial con sinatura dixital integrada.
- Implementación de procedementos de votación electrónica.
- Implementación de sistema de fiestra única.
(Documento PDF explicativo)
MATERIAIS
Compilación de material útil que temos elaborado para os nosos clientes ou extraído doutras fontes públicas:
- Suxerencias sobre formatos dixitáis
- Suxerencias sobre seguridade en contrasináis
- Suxerencias sobre emprego do correo electrónico
- Suxerencias sobre copias de seguridade (backups)
- Suxerencias sobre ransomware
- Suxerencias sobre WhatsApp: Condicións de Uso