PROPOSTA DE ASESORAMENTO, FORMACIÓN E DEFENSA XURIDICA EN MATERIA DE DIVERSIDADE FUNCIONAL
OFERTA DE SERVIZOS:
A diversidade funcional (común e pexorativamente chamada discapacidade) é unha das áreas de especialización do noso equipo de traballo, que parte como premisa da Convención de Nova Iorke do 2006 como texto lexislativo internacional esencial a ter en conta para a protección e defensa dos dereitos das persoas con diversidade funcional. Neste senso ofrecemos en termos xerais:
- Asesoramento xurídico e defensa xudicial: constitución de figuras de apoio, reintegración da capacidade, etc.
- Constitución de patrimonio protexido
- Constitución de poderes preventivos
- Herdanzas e testamentos con figuras de protección adaptadas e individualizadas na protección da persoa e/ou patrimonio.
- Formación presencial ou online (a través da aula virtual Universidade da Diversidade) dirixida a profesionais, familiares e persoas con diversidade funcional nos seguintes ámbitos:
- Diversidade, lexislación (internacional, europea e nacional) e xurisprudencia
- Diversidade e dereitos da persoa
- Diversidade e acceso á xustiza
- Diversidade e provisión de figuras de apoio.
- Diversidade, propiedade privada e herdanza
- Diversidade e dereitos ao honor e a propia imaxe
- Diversidade e dereito laboral
- Diversidade, urbanismo e eliminación de barreiras
- Diversidade e sexualidade
- Diversidade e muller
- Diversidade e dereito penal.