PROPOSTA DE ASESORAMENTO, FORMACIÓN E DEFENSA XUDICIAL
Dende hai 10 anos realizamos acompañamento, asesoramento e defensa da profesión de Educación Social unha ferramenta esencial para o disfrute en igualdade dos dereitos non só fundamentais senon tamén dos dereitos humáns – dereitos cun contido máis amplo, esto é, educativos, sociais, políticos, culturais, económicos, medioambientais, etc- recollidos en multitude de tratados internacionais ratificados polo estado español, co obxeto de paliar aqueles desequilibrios e desigualdades que se producen e dificultan unha participación plena de todas as persoas na sociedade.
Neste senso, ofrecemos a diversos colectivos (de ámbito público ou privado), profesionais e persoas en xeral:
- Consultoría e asesoramento xurídico
- Formación específica
Engadir que o equipo de traballo, amais de ter formación universitaria e de postgrado neste ámbito específico, ten ampla experiencia de máis de 30 anos traballando xunto con colectivos desfavorecidos, participando dende diversas entidades de xeito altruista nos campos da animación sociocultural, drogodependencias, VIH/Sida, defensa penal e penitenciaria, deseño e desenvolvemento de plans sociais, asesoramento xurídico universal e gratuito, etc.