Fundación TERRUM

Quen somos

Terrum Social é unha organización de natureza fundacional, de interese galego, constituida sen ánimo de lucro e inscrita no “Rexistro Único de Fundacións de Interese Galego”, clasificada como mixta pola orde da Consellería de Presidencia, Administraciones Públicas e Xustiza do 26 de outubro do 2007 (DOG nº 223 de 19-11-
2007
) e declarada de interese galego por Orde da mesma Consellería do 22 de novembro do 2007 (DOG nº 234 de 4-12-2007) . Exerce funcións de Protectorado desta Fundación a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. O seu nº de inscripción é o 2007/16

De onde vimos

O percorrido vital que rematou materializando neste proxecto comeza no barrio compostelán de Vite, na segunda mitade do século pasado, onde a conflictividade social e a necesidade por sobreviver nun contexto afastado do interese institucional fixo cas persoas que aló habitabamos nos organizaramos en diversas iniciativas colectivas autoxestionarias e independentes, dando lugar posteriormente a entidades como o colectivo laboral Formigueiro, no CSOA da Casa Encantada, no colectivo PreSOS, etc.

En que cremos

Cremos na necesidade de ética e social de erradicar a miseria, tanto material como espiritualmente, na dignidade e igualdade intrínseca de tódalas persoas, na reconexión coa natureza como única posibilidade dun futuro onde esa dignidade se manteña.

Que facemos

Todo o que facemos vai orientado a estes fins:

  • Fins Ecolóxicos: a conservación, defensa e potenciación dos ecosistemas naturais e da biodiversidade; a agroecoloxía; a defensa da integridade medioambiental, ecolóxica, arqueolóxica, monumental ou paisaxística no territorio rural galego e, especialmente, das camelias xapónicas que integran o noso patrimonio.
  • Fins Culturais: a defensa dos valores etnográficos antropolóxicos e culturais de Galicia, cun especial énfase na defensa, conservación e difusión da minorizada lingua galega, na cultura rural e na recuperación da figura Histórica de Evaristo Rey Tourón como persoeiro clave no concello do Val do Dubra.
  • Fins Sociais: a defensa das mulleres fronte a violencia de xénero, a explotación laboral e sexual, a discriminación, e o patriarcado; traballar na erradicación da pobreza, da violencia, da desigualdade, da marxinación e da exclusión social; traballar e xuntar estratexias na erradicación das pandemias
    (VIH – SIDA, COVID 19 etc) dende o social e a restitución e posta en valor da memoria histórica de José Miguel Fernández del Buey e das persoas excluídas que sufriron e sofren maltrato, tortura, degradación e/ou faleceron de xeito violento ou por neglixencia.
  • Fins Educativos: a promoción, protección, investigación, formación e defensa da Educación Social como ciencia de estudo e transformación social; a difusión pedagóxica de actividades lúdicas achegadas ás contornas naturais; a promoción, implantación e análise das teses do
    decrecentismo e a investigación, promoción e implantación dos principios da soberanía alimentaria. A promoción da escola popular e da formación integral para todas.
  • Fins Xurídicos: a defensa da tutela xudicial efectiva e dos dereitos fundamentais e
    constitucionais; propiciar o dereito á defensa, á igualdade de armas xurídicas, ó proceso con garantías, ó uso social da propiedade, á economía social, ás prestacións sociais, ós dereitos das
    traballadoras, á conservación e uso das institucións forais herdatarias e civís galegas, a defensa xurídica do medio ambiente, á promoción, investigación, formación e intervención socioeducativa en tribunais empregando a mediación e, tamén, en defensa e apoio ao recoñecemento universal da dignidade e dos dereitos humáns das persoas afectadas por diversidade funcional: física, psíquica ou
    sensorial e á defensa e apoio ao exercicio do dereito fundamental á intimidade e confidencialidade.
  • Fins Tecnolóxicos: a promoción, investigación e difusión de coñecementos e servizos sobre novas tecnoloxías centradas na transición a un mundo postpetróleo, na resilencia das comunidades e na transformación dixital; a implantación de sistemas de moeda social e criptomoedas nos espazos económicos da ruralidade galega; a promoción, investigación, e difusión de ferramentas e servizos que potencien a seguridade dixital e garantan o lexítimo exercicio do dereito á intimidade e ao control da identidade das persoas nas contornas dixitais.

Cluster multidisciplinar