A Lei de Protección da Seguridade Cidadá ou Lei Mordaza, en vigor desde o 1 de xullo de 2015, establece o pago dunha MULTA por consumo ou tenencia de drogas en lugares ou establecementos públicos que vai de 601 a 10.400 euros, se é a A PRIMEIRA VEZ e non existen circunstancias agravantes.
Segundo a Lei Mordaza TRES CLASES de infraccións:
- INFRACCIÓNS MOI GRAVES
- INFRACCIÓNS GRAVES
- INFRACCIÓNS LEVES
ARTIGO 36 – CONSIDÉRASE INFRACCIÓN GRAVE:
“16. O consumo ou a tenencia ilícitos de drogas tóxicas, estupefacientes ou substancias psicotrópicas, aínda que non estivesen destinadas ao tráfico, en lugares, vías, establecementos públicos ou transportes colectivos, así como o abandono dos instrumentos ou outros efectos empregados para iso nos citados lugares.
17. O traslado de persoas, con calquera tipo de vehículo, co obxecto de facilitar a estas o acceso a drogas tóxicas, estupefacientes ou substancias psicotrópicas, sempre que non constitúa delito.
18. A execución de actos de plantación e cultivo ilícitos de drogas tóxicas, estupefacientes ou substancias psicotrópicas en lugares visibles ao público, cando non sexan constitutivos de infracción penal.“
Dentro das GRAVES, as multas divídense en tres tramos:
GRAO MÍNIMO: Comisión de infracción por PRIMEIRA VEZ, importe da multa entre 601€ a 10.400 €
GRAO MEDIO: Reincidencia – Uso da violencia, ameaza ou intimidación – Cubrirse rostro dificultando identificación – Utilizar a menores de idade, persoas con discapacidade en situación de vulnerabilidade -, importe da multa entre 10.401 a 20.200 €
GRAO MÁXIMO: Feitos de especial gravidade que han de ser xustificados, importe da multa entre 20.201 a 30.000 €
SANCIÓNS E RECURSOS
Estes son os pasos desde que se comete a infracción
1º.- ACTA DE INFRACCIÓN/INTERVENCIÓN/APREHENSIÓN/DENUNCIA.- A policía detecta que se está producindo tenencia ou consumo de drogas e procede a elaborar a denuncia: toman datos de filiación, lugar e hora do feito, natureza e peso da substancia aprehendida, e outras circunstancias de interese.
NON TEMOS QUE ASINAR O ACTA NEN PEDIR COPIA, xa ven no expediente
2º.- ACORDO DE INICIO DE EXPEDIENTE SANCIONADOR.- Primeira notificación que vas recibir tras a denuncia policial, remitida pola Subdelegación do Goberno e dáche 15 días hábiles para presentar alegacións aos feitos relatados, empezando a contar o prazo desde o día seguinte á notificación.
3º.- PROPOSTA DE RESOLUCIÓN.- Segunda notificación que ha de conter resposta motivada ás alegacións e proposta de sanción, cun prazo de 15 días para presentar alegacións.
4º.- RESOLUCIÓN SANCIONADORA.- Terceira notificación que contén a resolución definitiva e que podes recorrer en RECURSO DE ALZADA #ante a propia Subdelegación do Goberno no prazo de 1 MES a contar desde o día seguinte á notificación.
Existen diversas estratexias dependendo do obxectivo que nos propoñamos ao RECORRER: caducidade do expediente, conformidade cos feitos e incorporación a deshabituación, chegar ata o Constitucional, etc.
Aínda que a vía administrativa non precisa da asistencia de avogado e procurador, convén asesorarse e estudar todas as posibilidades, dado que estamos ao arbitrio da Administración e o resultado de final vai depender, sobre todo, de como enfoquemos o caso desde o principio
OFRECÉMOSCHE a nosa AMPLA EXPERIENCIA NESTE ÁMBITO CUNHA
TARIFA PLANA ——– 60 €
para a TRAMITACIÓN DE SANCIÓNS ADMINISTRATIVAS, que inclúe:
- Realización de todos os trámites da vía administrativa
- Asesoramento posterior para o cumprimento da sanción
Finalizada a vía administrativa iniciaríase o proceso xudicial, onde se precisa asistencia de avogado e procurador. Se contratas os nosos servizos nesta fase farémosche orzamento individualizado
Podes topar máis información no “I Debate Cannábico” que fixemos online cos compañeiros de IFREN e de Smokingmap