ATENCIÓN PSICANALÍTICA

En liña coa filosofía do proxecto Terrum Social o Espazo de Atención Psicanalítica pénsase como un lugar de escoita e intervención sobre o sufrimento psíquico daquelas persoas que pola súa situación económica non poderían permitirse pagar as tarifas dun psicólogo convencional.

Trátase pois de ofrecer a posibilidade de se achegar á consulta psicanalítica para írmonos alén dos síntomas -entendendo por estes: calquera padecemento manifestado polo paciente- e clarexar deste xeito a realidade psíquica inconsciente agochada por trás deles. A psicanálise de orientación lacaniana baséase na técnica da sesión breve e no emprego da palabra como medio de cura.


O espazo é fornecido por Francisco Conde Soto, psicólogo colexiado co número G-6829. Breve CV:

  • Licenciado en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela (2001).
  • Doutor en Filosofía pola Universidade de Barcelona (2007).
  • Mestrado en Psicanálise pola Universidade de París VIII (2010).
  • Socio da Escola Lacaniana de Psicanálise.
  • Graduado en Psicoloxía con Mención en Intervención clínica en Trastornos mentales y del Comportamiento por la UNED (2022).


O enderezo do noso despacho de atención é:

R/ Domingo de Andrade 2 Baixo Esquerda 
15704 - Barrio de Vite
Santiago de Compostela - A Coruña

Número de teléfono para concertar citas:

678269076

Cluster multidisciplinar