Introdución
A Responsabilidade Social Corporativa (RSC) está a xogar un papel fundamental no desenvolvemento das empresas na actualidade, sendo un eixo clave na súa relación coas comunidades, o medio ambiente e a cultura nos territorios nos que se asentan e operan.
Doutra banda, as fundacións, especialmente aquelas co enfoque social, cultural e medioambiental como a Fundación TERRUM, teñen a oportunidade de colaborar estreitamente con empresas que queren integrar a RSC nas súas estratexias e operacións. A continuación, explórase como a fundación orienta a súa estratexia para maximizar do xeito mais productivo esta colaboracións.
A Misión e os Valores da Fundación
A Fundación TERRUM ten como obxectivo central a promoción e defensa do medio ambiente, a cultura galega e os dereitos sociais, cun enfoque especial na protección dos ecosistemas naturais e a biodiversidade, e na recuperación de elementos culturais como a lingua galega e a memoria histórica. Traballamos para fomentar a igualdade de xénero e combater a violencia, a pobreza e a exclusión social, ao tempo que promovemos a educación social, a soberanía alimentaria e a protección dos dereitos humanos. A nosa misión tamén inclúe a defensa xurídica dos dereitos fundamentais e a igualdade, ademais de impulsar a transición dixital e a resiliencia das comunidades rurais e mariñeiras galegas. A Fundación é un espazo de acción transformativa, que aposta pola integración de coñecementos e ferramentas innovadoras para garantir un futuro máis xusto, igualitario e sustentable para todas e todos.
Dende TERRUM queremos convidar ás empresas a formar parte deste proxecto de transformación social e medioambiental, a sumarse aos nosos valores e á nosa misión a través da Responsabilidade Social Corporativa. A colaboración con entidades empresariais comprometidas coa sustentabilidade, a igualdade e o benestar social permite crear sinerxías que potencian o impacto positivo nas nosas comunidades e no noso entorno. Acreditamos que as empresas teñen un papel fundamental na construción dun futuro máis xusto e sustentable, e animamos ás organizacións a implicarse activamente nestas iniciativas, creando unha realidade conxunta coas nosas metas compartidas.
Propostas de Valor e Impacto
A nosa fundación ten como obxectivo promover un impacto social e ambiental positivo, a través de diversas iniciativas que aportan un valor real ás comunidades onde se asentan e á sociedade en xeral. Conscientes da importancia da Responsabilidade Social Corporativa, ofrecemos propostas de colaboración que permiten ás empresas implicarse activamente en proxectos transformadores. Na nosa páxina web, pódense consultar con detalle os diferentes proxectos nos que traballamos, e aos cais invitamos ás empresas para que se sumen a cocrear xuntas un futuro máis sostible e xusto.
Aliñamento de Obxetivos coas Empresas
Dese xeito, a colaboura coa nosa Fundación permite ás empresas demostrar o seu compromiso coa sustentabilidade, a igualdade e a xustiza social, integrando as mellores prácticas de RSC nas súas estratexias empresariais. A traverso das iniciativas que protexen os ecosistemas naturais e a biodiversidade, así como a recuperación e o fomento de elementos culturais como a lingua galega e a memoria histórica, as empresas e as fundacións do noso rubro cocreamos un impacto positivo no entorno e na comunidade, e por ende nos clientes das propias empresas. Calqueira iniciativa empresarial que sexa consciente da importancia do compromiso na mellora da súa influencia no benestar social e ambiental terá connosco a posibilidade de materializar esas inquedanzas en impactos reais e efectivos.
Estratexias de Colaboración e Alianza
Existen diversas estratexias que a nosafundación pode establecer con empresas que desexen colaborar dende a súa Responsabilidade Social Corporativa (RSC)cos nosos proxectos. Velaí algúns enfoques que poden ser efectivas:
- Proxectos conxuntos: A fundación e as empresas poden colaborar no desenvolvemento de proxectos sociais ou ambientais que teñan un impacto positivo nas comunidades ou no medio ambiente. As empresas poden aportar recursos financeiros, materiais ou humanos, mentres que a fundación aporta o seu coñecemento e experiencia na xestión de proxectos sociais e ambientais.
- Proxección e visibilidade mutua: Ao asociarse, tanto as empresas como a fundación poden mellorar a súa visibilidade pública. As empresas poden mostrar o seu compromiso coa RSC a través da colaboración con organizacións que traballan en causas relevantes, mentres que a fundación pode aumentar o alcance e a efectividade dos seus proxectos grazas ao apoio e á visibilidade ofrecida pola empresa.
- Voluntariado corporativo: As empresas poden fomentar a participación activa dos seus empregados a través de programas de voluntariado corporativo. A fundación pode organizar actividades que permitan aos empregados das empresas involucrarse de maneira directa en proxectos sociais ou ambientais, mellorando o compromiso e a implicación dos traballadores coas causas nas que a empresa está a investir.
- Esponsorización de eventos ou actividades: As empresas poden patrocinar eventos, campañas ou actividades organizadas pola fundación. Este tipo de colaboración non só axuda a financiar as actividades, senón que tamén contribúe a mellorar a percepción pública da empresa como responsable e implicada na sociedade.
- Desenvolvemento de produtos ou servizos con impacto social: As empresas poden crear produtos ou servizos que teñan un impacto social ou ambiental positivo, colaborando coas fundacións para garantir que o impacto se materializa de maneira efectiva. Un exemplo sería a creación dunha liña de produtos ecolóxicos, nos que unha parte dos ingresos se destina a apoiar proxectos sociais ou ambientais específicos.
- Educación e sensibilización: A fundación pode colaborar con empresas en programas de formación ou sensibilización para os seus empregados, clientes ou provedores sobre temas sociais e ambientais. As empresas, á súa vez, poden utilizar estas iniciativas para demostrar o seu compromiso coas boas prácticas en materia de RSC.
- Avaliación e medición de impacto: As empresas poden colaborar coa fundación na avaliación e medición do impacto das súas accións de RSC. A fundación pode ofrecer criterios e metodoloxías para analizar os resultados e garantir que se está creando un impacto positivo real, ademais de proporcionar informes e datos que as empresas poidan usar para mellorar a súa estratexia de RSC.
Estas e outras estratexias que estamos abertos a discutir, permitirán que tanto a fundación como as empresas traballen xuntas en iniciativas que xeran valor compartido, mellorando non só a reputación e as relacións públicas das empresas, senón tamén a calidade social das comunidades e a sostibilidade ambiental.
Sostibilidade e Continuidade
As alianzas a longo prazo e os programas de impacto compartido, son fundamentais para expandir a fortaleza e a extensión no tempo das colaboracións entre as empresas e as fundacións con fins sociais e ambientais. Desenvolver esta idea implica crear un marco de traballo no que as partes implicadas se comprometan a un esforzo colaborativo a longo prazo, máis aló de accións puntuais ou esporádicas, que tamén son interesantes, pero limitan o impacto e valor das iniciativas fundacionáis e da RSC empresarial.
Algunhas ideas básicas que poden reforzar este tipo de interacción son:
- Compromiso mutuo a longo prazo: Establecer unha relación estable entre a fundación e a empresa para garantir un apoio continuo nos proxectos.
- Definición de obxectivos e indicadores de impacto a longo prazo: Crear metas claras e medibles para avaliar continuamente o impacto dos proxectos.
- Flexibilidade e adaptabilidade na colaboración: Manter a capacidade de adaptarse aos cambios e novas necesidades ao longo do tempo.
- Integración das iniciativas de RSC na estratexia empresarial: Incluir as accións de RSC nas estratexias a longo prazo da empresa para asegurar a súa continuidade.
- Innovación social compartida: Explorar xuntas novas formas de xerar valor social e ambiental a través de proxectos innovadores.
- Desenvolvemento de programas de sensibilización e formación interna: Formar aos empregados para mellorar o compromiso coas iniciativas sociais e ambientais.
- Transparencia e comunicación continua: Establecer canles de comunicación aberta para compartir avances e resultados coas partes interesadas.
- Financiamento sostible e alianzas estratéxicas: Asegurar fontes de financiamento multianuais e colaboracións con outras entidades para ampliar o impacto.
En definitiva, a chave para garantir a sostibilidade e continuidade nas colaboracións entre empresas e a Fundación TERRUM está na creación dunha relación de longo prazo baseada en obxectivos compartidos, comunicación constante, flexibilidade e, sobre todo, compromiso mutuo. A empresa, ao integrar as accións de RSC de maneira coherente na súa estratexia, e a fundación, ao ofrecer proxectos que aportan valor real, poden construir xuntas unha alianza forte que xere un impacto duradeiro na sociedade e no medio ambiente.
Conclusión
A Fundación TERRUM está aberta á colaboración coas iniciativas de Responsabilidade Social Corporativa de calqueira empresa que entenda a importancia de sumar forzas coa sociedade civil na que se inserta e que desexe aportar recursos para sumarse aos proxectos que materializamos.
Se estás interesada/o en comentarnos algunha proposta concreta ao respecto, non dubides en poñerte en contacto connosco.