Fundación TERRUM

Quen somos

TERRUM (previamente: Fundación Senesquencer) é unha organización de natureza fundacional, de “interese galego“, constituida sen ánimo de lucro e inscrita no “Rexistro Único de Fundacións de Interese Galego” por orde da Consellería de Presidencia, Administraciones Públicas e Xustiza o 22 de novembro do 2007 (DOG nº 234 de 4-12-2007) co nº de inscripción 2007/16. Foi clasificada como mixta por orde do 26 de octubre de 2007 (DOG nº 223 de 19-11-2007) da mesma Consellería. Amáis a fundación consta inscrita no “Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia” co número O-1001 e tamén no “Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociáis” co número E-7531.

Exerce funcións de Protectorado desta Fundación a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

De onde vimos

O percorrido vital que rematou materializando neste proxecto comeza no barrio compostelán de Vite, na segunda mitade do século pasado, onde a conflictividade social e a necesidade por sobreviver nun contexto afastado do interese institucional fixo cas persoas que aló habitabamos nos organizaramos en diversas iniciativas colectivas autoxestionarias e independentes, dando lugar posteriormente a entidades como o colectivo laboral Formigueiro, no CSOA da Casa Encantada, no colectivo PreSOS, etc.

En que cremos

Cremos na necesidade de ética e social de erradicar a miseria, tanto material como espiritualmente, na dignidade e igualdade intrínseca de tódalas persoas, na reconexión coa natureza como única posibilidade dun futuro onde esa dignidade se manteña.

Que facemos

Entre os proxectos principáis da Fundación TERRUM están:

Obxetivos

Todo o que facemos vai orientado a estes fins:

  • Fins Ecolóxicos: a conservación, defensa e potenciación dos ecosistemas naturais e da biodiversidade; a agroecoloxía; a defensa da integridade medioambiental, ecolóxica, arqueolóxica, monumental ou paisaxística no territorio rural galego e, especialmente, das camelias xapónicas que integran o noso patrimonio.
  • Fins Culturais: a defensa dos valores etnográficos antropolóxicos e culturais de Galicia, cun especial énfase na defensa, conservación e difusión da minorizada lingua galega, na cultura rural e na recuperación da figura Histórica de Evaristo Rey Tourón como persoeiro clave no concello do Val do Dubra.
  • Fins Sociais: a defensa das mulleres fronte a violencia de xénero, a explotación laboral e sexual, a discriminación, e o patriarcado; traballar na erradicación da pobreza, da violencia, da desigualdade, da marxinación e da exclusión social; traballar e xuntar estratexias na erradicación das pandemias
    (VIH – SIDA, COVID 19 etc) dende o social e a restitución e posta en valor da memoria histórica de José Miguel Fernández del Buey e das persoas excluídas que sufriron e sofren maltrato, tortura, degradación e/ou faleceron de xeito violento ou por neglixencia.
  • Fins Educativos: a promoción, protección, investigación, formación e defensa da Educación Social como ciencia de estudo e transformación social; a difusión pedagóxica de actividades lúdicas achegadas ás contornas naturais; a promoción, implantación e análise das teses do
    decrecentismo e a investigación, promoción e implantación dos principios da soberanía alimentaria. A promoción da escola popular e da formación integral para todas.
  • Fins Xurídicos: a defensa da tutela xudicial efectiva e dos dereitos fundamentais e
    constitucionais; propiciar o dereito á defensa, á igualdade de armas xurídicas, ó proceso con garantías, ó uso social da propiedade, á economía social, ás prestacións sociais, ós dereitos das
    traballadoras, á conservación e uso das institucións forais herdatarias e civís galegas, a defensa xurídica do medio ambiente, á promoción, investigación, formación e intervención socioeducativa en tribunais empregando a mediación e, tamén, en defensa e apoio ao recoñecemento universal da dignidade e dos dereitos humáns das persoas afectadas por diversidade funcional: física, psíquica ou
    sensorial e á defensa e apoio ao exercicio do dereito fundamental á intimidade e confidencialidade.
  • Fins Tecnolóxicos: a promoción, investigación e difusión de coñecementos e servizos sobre novas tecnoloxías centradas na transición a un mundo postpetróleo, na resilencia das comunidades e na transformación dixital; a implantación de sistemas de moeda social e criptomoedas nos espazos económicos da ruralidade galega; a promoción, investigación, e difusión de ferramentas e servizos que potencien a seguridade dixital e garantan o lexítimo exercicio do dereito á intimidade e ao control da identidade das persoas nas contornas dixitais.

Doazóns

A tenor do que plantexa a Lei 49/2002, de 23 de Nadal, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscáis ao mecenazgo as doazóns a fundacións supoñen interesantes desgravacións fiscáis para as persoas que as realizan, podendo deducir ata o 80% dos primeiros 150€. A partires dos 150€ poderás deducir o 35% e se tes doado durante 3 anos consecutivos á mesma entidade por un importe igual ou superior, ese tramo inda sube ata o 40%. A dedución ten un límite do 10% con respecto á base impoñible.

Unha vez que nos fagas unha doazón e nolo comuniques, proporcionarémosche un certificado de doazón para que podas aportalo na túa declaración.

Se queres facer unha doazón á nosa Fundación, consulta as posibilidades que tes na nos páxina de achegas.


Cluster multidisciplinar