Terrum CREA

En Terrum Social tamén apreciamos a capacidade creativa e artística das persoas.

Dende esta páxina daremos acceso a xeito de “curadores” a proxectos persoáis ou colectivos que nos parezan relevantes e estean aliñados cos propósitos ou a participación na propia fundación.

Velaí algúns:

Obra pictórica e fotográfica de Fran Del Buey

O noso compañeiro e alma mater da Fundación TERRUM é tamén un artista moi interesante que domina diversas técnicas gráficas e amosa a súa obra no seu propio espazo:

https://frandelbuey.terrum.social

Música experimental electroacústica de C307

Baixo o seudónimo C307 agóchase un dos nosos colaboradores máis cercanos. Publica dende hai anos parte da súa obra directamente no Internet Archive:

https://archive.org/search?query=creator%3A%22c307%22

Música de raigame, rebelde e labrega

Portada do CD: "Refranero Agrícola"

Buterflai, cantautor ácrata e compañeiro da nosa delegación en Euskalerría, apreséntanos o seu traballo neste álbum centrado en cuestións de corte agraria e campesiña, onde a dignidade dunha voz que canta dende as entranas en homaxe das loitas das persoas que habitan os nosos montes queda clara dende a primeira estrofa.

Cluster multidisciplinar