No inverno do 2025, logo dunha xuntanza na Delegación de Lugo da Fundación TERRUM no Saviñao, na que participamos diversas persoas do mundo agrario, decidimos unificar os nosos esforzos na constitución dunha Sociedade Agrarista que responda en mancomunidade ás necesidades de tódalas persoas que traballamos dende unha perspectiva centrada na recuperación do tecido social no rural, as dinámicas rexenerativas na agricultura e gandeiría, a soberanía alimentar e a defensa do noso territorio e dos modos de vida campesiños tradicionais desvencellados dos modelos industriais e estrativistas promovidos dende as corporacións e as institucións ao seu servizo.
Esta iniciativa agrarista, que nomeamos como “O Campesiñado“, ten vocación integrativa e está aberto á participación de todos aqueles proxectos autónomos que estean a traballar nas liñas previamente descritas e que entendan a necesidade de sumar esforzos para facilitar e potenciar a supervivencia dunha ruralidade insumisa e novedosa, absolutamente necesaria nun mundo en colapso coma o que habitamos actualmente.
A Sociedade ten entidade xurídica propia que dimana da Fundación TERRUM, e está constituída por unha equipa altruista da que é director o compañeiro Gabriel Lopes.