Na Fundación TERRUM non paramos de facer cousas. O noso esforzo vai dirixido en materializar os nosos obxetivos por medio de varios proxectos concretos que pasamos a describirvos deseguido.
Oficina de Dereitos Sociais
A Oficina de Dereitos Sociais (aka: ODS) é un proxecto de asesoramento de carácter xurídico-social, onde proporcionamos de xeito aberto soporte profesional, recursos e información útil pra empoderar ás persoas que máis o precisan. Ofrecemos este servicio tanto na propia sede da Fundación como nas entidades ou institucións que o requiran: concellos, locais sociais e veciñais, etc.
O Bosque da Memoria
O Bosque da Memoria é un memorial vexetal vivo, unha pequena fraga sita na sede fundacional na que honramos a memoria de compañeiras e compañeiros que xa non están connosco no plano material, pero sí nos nosos corazóns. A función deste proxecto é a recuperación da memoria social e facer fronte ao esquecemento por medio da continuidade colectiva vital nun entorno natural.
Castellum Terrae
O proxecto agroforestal Castellum Terrae (aka: Proxecto Castelo), é un espazo de investigación agroforestal que traballa cos principios da agricultura rexenerativa e que está situado nunha finca dunhas 2 hectáreas na sede da delegación da Fundación TERRUM na provincia de Lugo. A soberanía alimentaria, a pedagoxía campesiña e a recuperación do tecido social no rural son principios rectores desta iniciativa.
Proxecto Mar
O Proxecto Mar é unha iniciativa que pretende redignificar o mundo mariñeiro tradicional galego, un dos fundamentos principáis da nosa terra que sempre bica a’iauga dos océanos. Andamos nos peiraos, nas cubertas e entre as redes mariñeiras tentando aboiar nun mundo que vai cara ao tsunami. Recuperamos e divulgamos as artes de navegación e pesca, a talasonimia e mesmo restauramos barcos tradicionáis en colaboura con asociacións mariñeiras e de artesáns.
Universidade da diversidade
A Universidade da Diversidade (aka: UD2) é unha iniciativa de carácter pedagóxico que se centra na inclusión social e proporciona ferramentas para o desenvolvemento e o fortalecemento da sociedade civil. Ofrecemos cursos á carta, formación online e presencial e recursos formativos de diversa índole.
Terrum CREA
A iniciativa Terrum CREA é o achegamento que dende a Fundación facemos ao mundo da creación artística, onde amosamos obras dos nosos colaboradores e membros. A pintura, a escultura, a música e as artes escénicas son tamén procesos de integración social e de expresión de ideas e emocións e polo tanto parécenos fundamental aportar tamén neste eido para complementar os obxetivos aos que diriximos o noso traballo.