Sandra Garrido, cara a Gaza [LIBERADA!]

[06/10/2025] Congratúlanos anunciar que a nosa compañeira foi finalmente liberada logo de días de secuestro ilegal por parte do estado sionista de Israel. Noraboa pola repercusión da acción e alivio de volver a contar coa túa presencia, pero a loita contra o xenocidio non rematou!


[01/10/2025] Última nova: a nave Sirius onde viaxaba a compañeira foi secuestrada polas forzas armadas do estado xenocida de Israel durante a noite en augas nas que non ten xurisdicción contravindo o dereito internacional.

Dende eiquí exiximos a liberación inmediata da nosa compañeira e de tódolos activisitas da Global Sumud Flotilla amais do cese inmediato do xenocidio do pobo de Palestina!



A avogada e activista galega Sandra Garrido, compañeira nosa de tantas andanzas, con máis de 30 anos de traxectoria incansable en movementos feministas, de solidariedade e defensa dos dereitos humáns, parte dende Barcelona como representante da delegación galega na Flotilla Sumud Global, que busca romper o bloqueo israelí sobre Gaza e abrir un corredor humanitario (nosdiario.gal)

Enviámoslle dende TERRUM Social unha aperta enorme e os nosos máis sinceiros desexos de éxito nesta misión; agardamos que todo se desenvolva sen incidencias, que ninguén resulte ferido e que se poida acadar algún tipo de xustiza no medio deste xenocidio.

Non podemos deixar de denunciar con firmeza a indignidade do estado sionista de Israel que -coa complicidade activa ou pasiva do mundo occidental- está a exterminar ao pobo palestino, que asasina crianzas inocentes, bombardea hospitais e impide a chegada de alimentos e menciñas á poboación civil. Fronte a esa barbarie neofascista, só a solidariedade internacional e a defensa decidida dos dereitos humanos poden abrir camiños de esperanza e de xustiza.

Grazas compañeira pola túa exemplar valentía!

Cluster multidisciplinar