TERRUM Social non é o comenzo de algo, non é unha “nova idea”, senon a concreción de moitos anos de traballo en distintas áreas.
Quen somos…
Somos un equipo multidisciplinar da Fundación TERRUM con formación no eido das ciencias sociais (educación, dereito, psicoloxía, filosofía..) e das novas tecnoloxías.
Que facemos…
Estamos especializados e traballamos fundamentalmente nos seguintes eidos:
- Asesoramento e acompañamento xurídico: defensa xudicial e mediación
- Defensa da Educación Social
- Protección de Datos Persoáis e Dereitos Dixitáis
- Comunidades de Propietarias e Propietarios
- Ruralidade
- Novas tecnoloxías, Software Libre e Seguridade
- Formación presencial e on-line
- Atención psicolóxica
Acompañamento Xurídico
Trátase dunha peza central da nosa intervención, que garante a protección efectiva dos dereitos fundamentais e ofrece vías de mediación para resolver conflitos dende a xustiza e a humanidade.
- Dereitos Fundamentáis e Dereitos Humáns
- Diversidade funcional
- Compliance Officer
- Dereito civil, familiar, herdatario, laboral, social, administrativo.
- Igualdade e Violencia de Xénero.
Mediación
A mediación é unha ponte de diálogo transversal a todas as nosas actuacións, que facilita solucións pacíficas e colaborativas, evitando litixios, reducindo custos e reforzando a cohesión social.
- Mediación civil, familiar, escolar, comunitaria, intercultural e organizacional
- Homologación de acordos.
Educación Social
Para nós, a educación social é un motor de cambio que impulsa a transformación social e que potenciamos no seu recoñecemento profesional e a través da formación e da incidencia lexislativa.
- Formación e-Learning (deseño e impartición de cursos online, formación continua en normativa, ética profesional e intervención social, material didáctico adaptado ao sector..)
- Análise xurídica no procedemento Lexislativo de Regulación da Profesión (seguimento do proceso lexislativo, estudo comparados de modelos, participación activa e de emenda nos procesos normativos)
- OPE,S (asesoramento en oposicións e procesos selectivos, formación específica, convocatorias, prazas e requisitos)
- Normativa interna e Estatutaria (redacción e análise de estatutos, asesoramento en procesos eleitorais internos, réxime disciplinario, adaptación á normativa de protección de datos e transparencia)
- Fiestra Única (apoio na xestión e uso da plataforma dixital colexial, rexistro de documentación, comunicación institucional e trámites electrónicos, accesibilidade e atención a colexiadas/os)
- Convenios colectivos (defensa dos dereitos laborais do sector, acompañamento na negociación colectiva, interpretación de convenios, procesos sindicáis, denuncia de cláusulas abusivas)
Somos asesores xurídicos dos Colexios Profesionais de Educadoras e Educadores Sociais de Euskadi, Asturias , Madrid, La Rioja e do Consello Xeral de Colexios de Educadoras e Educadores Sociais
Protección de datos persoáis e dereitos dixitáis
A protección de datos, constitúese nun escudo tecnoxurídico que salvagarda a privacidade e empodera ás persoas no ecosistema dixital.
- Delegado/a de protección de datos
- Dereitos de usuarias e consumidoras (ARCO)
- Asesoramento en protección dixital
Somos DPD de ASPIMIP, do COEESCV e do GHEE-CEESPV
Comunidades de propietarios
Entendemos as comunidades de propietarios como unha ferramenta de cohesión veciñal onde o noso traballo garante a boa gobernanza, a sustentabilidade económica e unha convivencia harmoniosa.
- Constitución e regulación legal (redacción de estatutos, inscripción no rexistro de Propietarios)
- Asesoramento a Xuntas de Goberno (apoio en convocatorias e redacción de actas)
- Reclamación de morosidade (requerimentos e reclamacións xudiciais, monitorios, etc.)
- Contratación e revisión de servizos (revisión e resolución de contratos, cláusulas de responsabilidade..)
- Obras e licenzas (xestión legal de obras, tramitación de permisos, consultas urbanísticas)
- Seguros e sinistros (revisión de pólizas, reclamacións a aseguradoras, etc.)
- Subvencións e eficiencia enerxética (tramitación de axuda públicas, asesoramento para instalacións técnicas de eficiencia enerxética…)
- Mediación en conflictos interveciñais (ruidos, usos inaxeitados de elementos comúns, obras, accións por incumprimento de normas comúns..)
Ruralidade
Temos un compromiso claro co noso territorio e dende aí tentamos impulsar a revitalización económica, ambiental e cultural do medio rural galego. Sen terra, non hai futuro.
- Asesoramento a Comunidades de Montes (constitución e regularización, fiscalización económica, gobernanza, etc.)
- Regularización e posta en valor da propiedade (inmatriculacións, expedientes de dominio, etc.)
- Dereito sucesorio (herdanzas, pactos de millora, acordos e resolución de conflitos…)
- Trámites catastráis (discrepancias, deslindes, agrupacións, localización e agrimensura…)
- Tramitación de axudas e subvencións (PAC, AGADER, GDRs, programas de desenvolvemento rural…)
- Dereito Medioambiental (custodia territorial, defensa fronte a impactos ambientais, regulación e normativa, etc.)
- Xestión de bens comúns (comunidades de regantes e aproveitamentos de auga, bens comunais, etc.)
Novas tecnoloxías e seguridade
Cremos na xestión eficiente da información e na implementación de infraestruturas abertas que faciliten a innovación, a accesibilidade e o desenvolvemento persoal e colectivo nos entornos dixitais.
- Soporte e plataformado de aulas virtuáis para impartición de cursos online
- Seguridade das TICs
- Firma electrónica PIK
Espazo de atención psicanalítica
O apoio humano é esencial e unha abordaxe psicolóxica e social completa a visión integral da persoa e garante o benestar emocional nos procesos de acompañamento do noso Clúster.
- Sesións de psicanálise de orientación lacaniá
Como facemos…
O noso compromiso vai esencialmente co:
- A individualización e adaptación ás necesidades da/s persoa/s
- A responsabilidade social
- A transparencia
- A confianza
- O traballo multidisciplinar
- A equidade
- A solidariedade
- A cualidade e a especialización
- O diálogo
- A pluralidade e a flexibilidade
- O coidado e a integración na natureza
- A Liberdade e o respeto mútuo
Coordenador: @frandelbuey , avogado ICA de A Coruña nº 6494. mestrado protección xurisdiccional dereitos fundamentais, experto universitario en ciencias forenses e dereito sanitario. doutorando “analisis de problemas sociales” delegado de protección de datos acreditado ante a AEPD.
Onde estamos…
Moi perto das persoas, mediante o emprego de tecnoloxía de comunicación online (videochamada, chat, mail) ou desprazándonos a onde sexa preciso a nosa intervención.
A nosa sede física atópase en:
R/ Domingo de Andrade 2 Baixo Esquerda
15704 – Barrio de Vite
Santiago de Compostela – A CoruñaTfne: 621054388