Audiencia Nacional desestima o recurso de Defensa da Ría que pedía a caducidade da concesión a ENCE

A Audiencia Nacional desestimou o recurso contencioso administrativo presentado pola Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) que pretendía que se declarase a caducidade total da concesión concedida á fábrica de Ence en Pontevedra.

Segundo a empresa, o xulgado desestimou todos os motivos esgrimidos pola APDR contra a concesión. Entre eles, o argumento de que a planta xera efectos nocivos para o medio ambiente.

Na súa sentenza, a Audiencia Nacional indica que está en vigor unha Autorización Ambiental Integrada (AAI) e que o recurso da asociación non demostra que foi incumprido, engade Ence.